You are hereAntón Campos

Antón Campos


Antón Campos é un enxeñeiro en informática vocacional, tanto polo de enxeñeiro como polo de informático.

Rematou os seus estudos na Universidade da Coruña en 1995. Practicamente dende entón exerceu como Oracle DBA, primeiro en pequenas organizacións e logo en grandes empresas como Banco Pastor e R Cable durante máis de 7 anos.

En 2006 comezou a exercer como freelance especializado na administración de bases de datos Oracle. Aproveitando o seu coñecemento das bases de datos e a súa formación introduce a súa cabeza no mercado dos servizos profesionais con liberdade, responsabilidade e independencia ofrecendo resposta ás necesidades e inquietudes humanas de creatividade e coñecemento sen aceptar o erro informático como causa, a ignorancia como desculpa ou o reinicio como solución.

Pronto os seus servizos como Oracle DBA son demandados dentro e fóra de España realizando principalmente servizos de mantemento de BDs, despregues de software e migracións de datos. Así, en 2008 funda a empresa Antón Campos Consultores, S.L., sen perder a visión profesional que lle caracteriza no exercicio da súa actividade. A este proxecto, únese en 2009 o seu amigo e colega Alberto Pereiro coa intención de ampliar a visión dos servizos ofrecidos, sempre dentro do ámbito da administración de BDs Oracle e aportar maior dispoñibilidade ao servizo, compartindo a visión e misión que Antón tivo e mantivo dende 2006. Dende entón o equipo medra: En 2011 únese Almudena Viña, aportando experiencia de mantemento en grandes contornos críticos de produción como o SERGAS; e en 2014 incorpórase José Rodríguez, aportando experiencia de despregue tecnolóxico en grandes empresas como General Electric e Inditex.

En 2014 a empresa fundada por Antón, aínda sendo pequena en números, medra en coñecemento consolidándose no mercado ibérico. Pasa a ser Gold Partner de Oracle con quen colabora no despregue de toda a súa tecnoloxía (Oracle VirtualMachine, Oracle Linux, Oracle Database e Oracle WebLogic) pero sempre mantendo os principios e valores da súa orixe.

No fondo, Antón é un romántico entre bits. Ten a visión de achegarlle á humanidade melloras en procesos de tratamento e almacenamento dos datos co fin de aportar benestar humano mediante o acceso continuado, rápido, e seguro aos datos. Ten o obxectivo persoal de medrar sostiblemente na profesión, sen máis fronteiras que os límites da súa imaxinación logo de convertir esta en coñecemento aplicable.