You are hereMigración Datos

Migración Datos


Os requerimentos aplicativos ou organizativos fan preciso moitas veces o movemento de datos entre diferentes contornos. Este movemento pode formar parte dun proceso de migración de versión Oracle, dun cambio físico dunha base de datos, dun proceso de actualización dun contorno de desenvolvemento, dunha replicación de datos, etc.

Oracle ofrece múltiples opcións para o movemento de datos, e é importante ter en conta estas posibilidades de cara a abordar unha solución ante unha necesidade concreta.

A nosa experiencia en migracións de datos permítenos abordar proxectos facendo uso de diferentes alternativas segundo as necesidades:

  • Export/Import
  • Data Pump
  • Duplicación RMAN
  • Movemento físico de bases de datos
  • Transportable tablespaces

Como todo pase a produción é importante que a migración conte coas garantías necesarias que eviten un fracaso no pase, ben por erros no propio procedemento, ou ben por erros no plantexamento da migración.

Se desexa migrar as súas BDs, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.