You are hereSoporte Remoto

Soporte Remoto


Entre a nosa oferta de servizos destacamos o soporte remoto co cal un negocio pode contar coa asistencia dun DBA Oracle especializado para afrontar calquera tipo de actividade nas súas bases de datos Oracle corporativas. Este tipo de servizo pode ser empregado tanto para afrontar incidencias puntuais coma para contar coa dispoñibilidade continua dun DBA reducindo os custos que implica contar cun especialista propio.

Hoxe en día, a tecnoloxía permite intervir de xeito remoto e seguro nun sistema o cal minimiza o tempo de resposta ante unha incidencia e reduce a cero os custos de desprazamento e estancia.

Esta modalidade de traballo permítenos ofrecer servizos de DBA a todas as partes do mundo, cunha clara vocación de integración cultural.

Para total protección, ponse a disposición dos clientes un servizo de emerxencias con dispoñibilidade 24x7 para a recuperación de desastres en contornos de producción. Póñase en contacto con nós a través do formulario de contacto.