You are hereAlta dispoñibilidade

Alta dispoñibilidade


Se ben os datos son o máis importante para unha organización, non é menos certo que a súa dispoñibilidade é tan importante coma a súa propia existencia. Cómpre planificar e administrar un sistema de cara á obtención da máxima dispoñibilidade posible.

Habitualmente os principais motivos de indispoñibilidade dunha base de datos son alleos ó propio xestor, e están relacionadas co hardware empregado, ben por incidencias ou ben por intervencións. É posible empregar configuracións que nos permitan tolerar en maior ou menor medida este tipo de problemas.

RAC é a solución que maximiza a dispoñibilidade dunha base de datos Oracle. Permite crear un clúster de n nodos nunha configuración activo-activo, onde a capacidade de procesado se reparte entre todos eles dun xeito automático e configurable polo DBA. Con RAC a caída dun servidor non corta o acceso á base de datos, mantendo en funcionamento as aplicacións que dependen dela.

Unha base de datos Oracle tamén pode ser integrada dentro dun clúster activo-pasivo en configuración de failover, de xeito que ante un problema co servidor no que se está executando, a instancia pode ser levantada noutro nodo do clúster. Ademáis, a base de datos Oracle inclúe o software Oracle Clusterware, que pode ser empregado para implantar solucións deste tipo sen a necesidade de pagar licencias de produtos clusterware de terceiros.

Para solucións nas que se dispón dun único servidor físico, tamén é posible maximizar a dispoñibilidade dunha base de datos empregando, en 11gR2, a solución Oracle Restart para a monitorización e xestión automática de arranque dos procesos Oracle. Esta solución, que se basa na Grid Infrastructure, permite un reinicio rápido dos servizos relacionados cunha base de datos en caso de caída (ASM, listener, instancia).

Existen no mercado solucións failover e Oracle RAC sen sobrecustes de licenciamento dos produtos software. Recoméndase unha consultaría independente en liña cos recursos do cliente final.

A nosa experiencia en diferentes proxectos con sistemas de alta dispoñibilidade permítenos ofrecer solucións HA:

  • RAC
  • Integración en clúster activo-pasivo de terceiros (Service Guard, Fail Safe, etc.)
  • Solución activo-pasivo con Oracle Clusterware
  • Solucións Oracle Restart
  • Active Data Guard con dispoñibilidade total da BD en standby

Se desexa coñecer máis sobre alta dispoñibilidade, non dubide en poñerse en contacto con Alberto e Antón a través do formulario de contacto.