You are hereRestore Recovery

Restore Recovery


En ocasións, determinadas incidencias ou necesidades fan preciso a intervención dun DBA para realizar tarefas de recuperación na base de datos co obxectivo de evitar a perda de datos ou ben de tornar a BD ou parte dela a un momento anterior no tempo.

RMAN e Flashback son tecnoloxías complementarias que ofrecen unha gran flexibilidade á hora de afrontar erros hardware ou humáns co resultado de perda física de datos ou corrupción lóxica dos mesmos.

A nosa experiencia coma DBAs, en conxunción cunha correcta política de backup, permiten poñer a disposición dos nosos clientes unha serie de servizos coma:

  • Restauración (restore) RMAN de datafiles, tablespaces ou de toda a BD
  • Recuperación completa da BD
  • Recuperación incompleta da BD (Point In Time Recovery)
  • Recuperación incompleta a nivel de tablespace (Tablespace Point In Time Recovery)
  • Recuperación de datos mediante tecnoloxías flashback table, flashback query, flashback transaction ou flashback database
  • Duplicate e movemento de bases de datos

Se desexa coñecer máis sobre o restore recovering de BDs Oracle, non dubide en poñerse en contacto con Alberto e Antón a través do formulario de contacto.