You are hereAuditoría

Auditoría


Rendemento, Seguridade, Licenzamento, LOPD

De seguro que máis dunha vez nos fixemos estas preguntas...

  • Estamos seguros da alta dispoñibilidade 24x7 dos datos da nosa organización?
  • Dispoñemos dun plan de continxencia ante desastres incluído dentro do plan de continuidade do negocio?
  • Contamos con controles de acceso eficientes e seguros?
  • Realmente precisamos de todas as funcionalidades licenzadas por Oracle?
  • Poderíamos mellorar o rendemento de acceso aos datos?
  • Cumprimos coa normativa e regulamentación da Axencia de Protección de Datos?

Todas estas preguntas poden ter resposta cun proceso de auditoría externa e independente que seguise os estándares e as mellores prácticas da enxeñaría en informática.

Unha auditoría a tempo pode prever un desastre con perda de datos e polo tanto parada parcial ou indefinida do negocio.

Un informe de auditoría independente podería servir de soporte para a toma de decisións por parte da Dirección de Informática e para xustificación de investimentos á Dirección Xeral. Máis aínda se a autoría da mesma está avalada por auditores con anos de experiencia auditando sistemas en produción.