You are hereMigración Software

Migración Software


Frecuentemente abórdanse proxectos de migración de software a versións máis actualizadas por demandas funcionais, de rendemento ou de rendabilidade.

Este traballo é crítico polos elementos que trata: os datos. Débese realizar unha planificación detallada a fin de minimizar o tempo de corte e garantir a dispoñibilidade final en tempo e forma. Deben ser expertos cualificados e experimentados quen se responsabilicen destes proxectos.

É preciso contemplar os seguintes aspectos:

  • Instalación do software Oracle en contornos heteroxéneos.
  • Integración con outros sistemas (BD e aplicacións).
  • Planificación de procesos de migración en contornos de alta dispoñibilidade. Estimación de tempos e cálculo de riscos. Procedementos de marcha atrás.
  • Elección da versión do software máis axeitada
  • Actualización de releases e parches.
  • Oracle Architecture best practices: OFA, SAME, RAC, etc.

Se desexa migrar o software Oracle, non dubide en poñerse en contacto con Antón e Alberto a través do formulario de contacto.