You are hereJosé Rodríguez

José Rodríguez


José Rodríguez é enxeñeiro técnico de sistemas pola universidade da Coruña graduado en 2005 e informático apaixonado desde o seu primeiro Spectrum de finais dos 80.

Tras 4 anos de carreira profesional como enxeñeiro multipropósito na Asociación de Antigos alumnos da USC, axente de soporte xeral en Stream e cada vez máis especializado en Softtek - General Electric, en 2008 obtén o seu certificado OCA 10gR2 e inicia a súa carreira como DBA.

Traballando en distintos sistemas de xestión de bases de datos como SQL Server ou Sybase, ademais de Oracle, aos poucos engade á súa mochila coñecementos de administración de sistemas operativos, redes e sistemas de almacenamento, convertindose así nun, autodenominado, DBA 2.0, isto é, un DBA capaz de xestionar todas as capas software e hardware necesarias que soportan unha base de datos.

Pasado o primeiro período de 2 anos en contornas de alta dispoñibilidade e máxima seguridade, entra a formar parte do equipo de bases de datos de Inditex, aínda con Softtek, para comezar unha etapa de extensión de coñecementos cara a IBM DB2 LUW, mentres mantén as bases de datos Oracle e SQL Server do xigante da confección. Servindo este tempo para incrementar as súas capacidades de axuste de rendemento en sistemas de bases de datos, tanto a nivel xeral do sistema como particular de consultas ou aplicacións que atacan a base de datos.

Completado este período comeza a súa alta especialización en Oracle ao entrar en 2011 a formar parte do equipo de bases de datos de RCable Galicia, con Altia, onde desprega as capacidades adquiridas nos anos previos para manter unha plataforma de máis de 80 sistemas críticos en alta dispoñibilidade, tanto RAC como máquinas virtuais, completando esta fase como responsable do equipo de administración de sistemas de RCable.

Bo traballador en equipo, goza tamén dos retos individuais e da presión das emerxencias.

O seu punto forte é a comunicación, sendo capaz de trasladar aos usuarios dos sistemas a información relevante e útil para eles, á vez que consegue traducir a linguaxe técnica as necesidades de negocio, conseguindo unha sinerxía sistema-negocio altamente produtiva para ambos.