You are hereBackup de BDs Oracle

Backup de BDs Oracle


Non se deben implementar as estratexias de backup simplemente tendo en conta os recursos e o tempo de backup dispoñible. Primeiramente deberanse definir os plans de recuperación e logo as estratexias de backup, todo elo enmarcado dentro dos plans de continuidade do negocio.

Non debemos considerar as ferramentas export ou data pump como útiles de backup. Se ben poden permitir unha custosa restauración (restore) até o momento do backup, non permiten recuperar (recovery) toda a información até o momento desexado co cal sempre haberá perda de transaccións, é dicir, de datos.

RMAN é a ferramenta máis axeitada para o backup de bases de datos Oracle. Caracterízase por ser rápida e segura, asemade de garantir a restauración e recuperación até a transacción ou instante de tempo desexado.

Aportamos experiencia no plantexamento de diferentes alternativas de backup asociadas a diferentes situacións de recuperación.

  • Restaurar e recuperar parte do sistema sen afectar á dispoñibilidade do resto do sistema.
  • Asesorar sobre o sistema de almacenamento de backup.
  • Configurar a base de datos para o backup de cara a unha restauración e recuperación con perda cero de datos.
  • Planificar o backup e implementar a monitorización do mesmo.
  • Probas de restauración.
  • Solucións para a protección de datos que garantan unha inmediata dispoñibilidade en caso de desastre como Oracle Active Data Guard.

Se desexa coñecer máis sobre políticas e ferramentas backup e restore/recovering, non dubide en poñerse en contacto con Alberto e Antón a través do formulario de contacto.