You are hereXestión de Cambios

Xestión de Cambios


Preguntas que pasan pola mente de quen ten que aprobar un pase a produción...

  • ¿Cantos cambios en produción superan o seu tempo de intervención?
  • ¿Cantas veces se atopan erros de intervención logo dun pase a produción?
  • ¿Que custo para a organización ten unha parada por mor dun pase a produción?

Proporcionamos métodos e procedementos eficientes para garantir o éxito e eliminar a incertidumbre no pase a produción. A nosa longa experiencia permite minimizar os casos de pases a produción que requiran dunha parada no sistema ou corte no servizo.

A intervención dun DBA experimentado á hora de planificar e levar a cabo cambios sobre unha base de datos, permite obter asesoramento sobre as accións a levar a cabo, analizar a estratexia máis adecuada para a súa implantación, estudar os riscos das modificacións, definir políticas de contención en caso de erros, e xestionar ou supervisar a súa posta en produción.

Toda intervención en produción, por planificada que estea, debe levar un procedemento de marcha atrás probado, sinxelo e seguro.

Se desexa ser asesorado sobre estes temas e até o punto de definir procedementos eficientes de pases a produción ou xestión dos cambios, non dubide en poñerse en contacto con Alberto e Antón a través do formulario de contacto.