You are hereR Cable confía o despregue da súa infraestructura Oracle RAC en FreelanceOracleDBA

R Cable confía o despregue da súa infraestructura Oracle RAC en FreelanceOracleDBA


A operadora de telecomunicacións R Cable confía en Antón Campos e Alberto Pereiro para o despregue da solución Oracle RAC con Grid Infrastructure 11.2 a cal servirá de soporte ás bases de datos Oracle da división de TI de R Cable. Con este proxecto FreelanceOracleDBA.com confírmase como pioneiro en solucións de alta dispoñibilidade real coa nova versión 11.2 das bases de datos Oracle e R Cable reforza a alta dispoñibilidade das súas bases de datos a maiores de acadar un rendemento superior nas súas aplicacións.

Asemade FreelanceOracleDBA encargarase tamén do despregue e configuración do sistema Oracle Grid Control para bases de datos Oracle, facilitando deste xeito as tarefas de administración, soporte e tuning dos DBAs propios de R Cable.

Se desexa coñecer máis detalles sobre solucións Oracle en alta dispoñibilidade, por favor póñase en contacto con FreelanceOracleDBA.com.