You are hereBlogs

Blogs


Cómo provocar un bloque corrupto en BD baseadas en ASM e restaurar con RMAN a nivel de bloque

Detallo a continuación os pasos seguidos para provocar un bloque corrupto unha BD con ASM e levar a cabo unha restauración a nivel de bloque con RMAN. Elo é posible por estar traballando con unha BD Enterprise Edition. Mencionar tamén que se trata dun contorno de test.

           1. Creamos tablespace/usuario/táboa e procemento para insertar filas.             

Axente Grid Control finaliza con ORA-20603: Updating timezone region of a target is not supported

Durante a fase de probas dun proxecto de ampliación dun RAC ó que se lle engadiron dous novos nodos, atopamos que existía unha incoherencia na zona horaria dos servidores para os usuarios propietarios do software RDBMS (curiosamente non detectada polas ferramentas de validación do clúster, para as que parece bastar a sincronización horaria sen fixarse na zona). As máquinas teñen sistema operativo Solaris 10.

Bug rconfig ao converter unha BD 10g single instance a RAC sobre Grid Infrastructure 11gR2

Oracle certifica a execución conxunta de versións RAC 10gR2 e 11gR2, o que resulta moi últil cando por exemplo queremos facer unha actualización progresiva das nosas bases de datos, ou cando necesariamente precisamos diferentes versións por restricións a nivel de aplicación. Nestes casos podemos crear un clúster en versión 11.2 (nunca inferior) con bases de datos en versións 11.2 e 10.2 (ou inferior).